O ultradereitista Joerg Haider gañou amplamente as eleccións celebradas na rexión de Carintia (Austria). O Partido Liberal acadou o 42% dos votos, con clara vantaxe sobre os partidos tradicionais (populares e socialdemócratas).
É a primeira vez que o Partido Liberal Austriaco éresulta a formación máis votada nunhas eleccións rexionais. A rexión de Carintia era, tradicionalmente, de influencia maioritariamente socialdemócrata. Os observadores explican o trunfo deste populista polo desgaste dos partidos tradicionais e pola utilización dun discurso ofensivo, claramente distanciado do anquilosamento dos "dinosauros" da política austriaca. Sen embargo, o seu discurso anti-inmigrantes e a súa defensa da cultura xermana, trae lembranzas do pasado e son causa de preocupación en toda Europa, e moi especialmente na viciña Eslovenia. Hai algo máis de tres anos, Haider apareceu fotografiado nunha reunión con vellos oficiais da Alemaña nazi.