Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
OURO NOS 50, 100 E 200m LIBRES E BRONCE EN 4X50 ESTILOS

Chano Rodríguez rachou en Atenas os seus propios récords

Chegou a Atenas 2004 coa carta de presentación de ser o mellor nadador do equipo español e o vigués non defraudou. Revalidou os ouros individuais acadados en Sidney, nos 50, nos 100 e nos 200m libres e rachou en cada ocasión o récord mundial.

- 11:16 04/04/2005
Tags:

Asistiu en Santiago á presentación do equipo paralímpico galego poucas horas antes de partir para Atenas e non dubidou en contarlle aos medios o escaso financiamento que recibía para poder adestrar a pesar de ter un dos mellores historiais entre os deportistas do equipo paralímpico español. Nin tampouco en reclamarlle a Pilar Rojo, conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a contribución da Xunta para os deportistas galegos.

Sebastián Rodríguez Veloso, Chano, non defraudou en Atenas e competiu do xeito máis profesional que se podía esperar. Asustou nas series facendo tempos moi baixos para o que público estaba acostumado nel, o obxetivo era meterse na final e dar alí todo o que tiña que dar.

Dous días despois da apertura das Paralimpíadas 2004, Chano Rodríguez conseguiu o seu primeiro ouro, nos 100 metros libres e ademais bateu o récord mundial en máis dun segundo, un récord que xa ostentaba el mesmo dende o mes de maio. Era o sexto ouro paralímpico da súa carreira e non tardou en chegar o sétimo. Foi nos 200m libres e, novamente, rebaixou o récord mundial en seis segundos. O terceiro ouro ateniense para Chano chegou o 27 de setembro, nos 50m libres e con el chegou tamén o terceiro récord mundial para o vigués.

Por equipos tivo menos fortuna. Nos 4x50m libres non os nadadores paralímpicos do equipo español non conseguiron subir ao podio pero si o fixeron nos 4x50 estilos, onde conseguiron o bronce.


0/5 (0 votos)