O Consello Europeo presentou este xoves o definido coma "primeiro texto legal internacional sobre e-voto en eleccións e referendos". Trátase dun guieiro para o uso de novas tecnoloxías en procesos electorais que precisa unha serie de recomendacións técnicas e legais para o deseño, execución e supervisión de sistemas fiábeis de voto electrónico. Foi elaborado con achegas de expertos varios e logo dos proxectos piloto que tiveron lugar nos estados membros.