Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
O MAIOR DEPORTISTA GALEGO DA HISTORIA

Chano Rodríguez: 3 ouros, 3 récords do mundo

Volveuno conseguir. O nadador vigués Chano Rodríguez Veloso conseguiu o seu terceiro ouro nos Xogos Paraolímpicos de Atenas, e tamén o terceiro récord mundial, ao gañar os 50m libres de categoría S10.

- 17:19 27/09/2004
Tags:

Chano Rodríguez conseguiu o ouro e o récord mundial dos 50m libres por só unha centésima. O seu rival, o ucraíno Crixanovsqui xa perdera o ouro contra el nos 100m libres, pero non dun xeito tan axustado. E o bronce, o británico Anthony Stephens, que saíu derrotado nas tres finais contra Rodríguez, quedou a só tres centésimas do vigués. O tempo, de 32"62, rebaixa en tres décimas a mellor marca mundial que atesouraba o propio Rodríguez.

Logo da súa vitoria, Rodríguez dedicoulle a medalla a Vigo. "Agardo un moi cálido recebimento ao chegar a Vigo. Pero tamén agardo algo máis de acceso aos medios no meu país", declarou Rodríguez Veloso.

Rodríguez é o deportista galego máis importante da historia, pois súmalles estes 3 ouros aos cinco colleitados en Sydney. Na capital grega gañounos no 200m e nos 100m libres.


0/5 (0 votos)