Non puido ser hoxe o desquite de Pablo Cimadevila. Logo de facer dous cuartos postos consecutivos no 200m estilos e nos 100m braza, o vigués defrontaba a súa última e máis difícil posibilidade de conseguir medalla, os 50m bolboreta. Pero non puido sequera meterse na final. Máis información en Galicia Olímpica.