O ourensán Antonio Cid, que compite na categoría individual de boccia ocupa a terceira posición do seu grupo, logo de perder ante o portugués João Fernandes por 7 a 2 e de vencer con contundencia a británica Susie Robinson por 6 a 0. Na piscina, a estrea do nadador galego Pablo Cimadevila nos 200 metros estilos (clase SM5), saldouse cun excelente cuarto posto, a só seis segundos do bronce. Máis información en Galicia Olímpica.