O nadador galego Paulo Cimadevila desputou a final dos 200 metros estilos na clase SM5, na que por tan só seis segundos de diferencia quedou fóra do podio.
Pablo Cimadevila fixo uns excelentes primeiros cincuenta metros ás costas, en segunda posición, pero caeu á terceira praza en bolboreta e á cuarta na braza. Nos últimos 50, ao estilo libre, non puido apreixar o francés Pinard.
Nesta final dos 200 estilos de SM5 o ouro foi a parar a China da man do nadador Iuncuan He, o gran favorito, que ademais conseguiu o récord do mundo cun tempo de 3'04"15. O húngaro Ervin Kovacs, anterior recordmen mundial, conseguiu a prata e, na loita polo bronce, o francés Pascal Pinard venceu a Cimadevila.
Cimadevila garda o consolo de que aínda lle quedan dúas competicións máis en SB4 e S6. Ademais, é o primeiro galego que consegue un diploma paralímpico, logo dos dous ouros de Chano Rodríguez.