Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
PRESENTACIÓN DO EQUIPO PARALÍMPICO GALEGO

Cinco deportistas para representar a Galiza nas Paralimpíadas

Sebastián Rodríguez Veloso, máis coñecido como Chano Rodríguez, Antonio Cid Cortés e Xoán Antonio Saavedra estiveron presentes na recepción que lles ofreceu a Consellería de Deporte da Xunta de Galicia antes da súa partida a Atenas. A conselleira Pilar Rojo tivo para eles palabras de apoio e unha mochila como agasallo.

- 13:16 09/09/2004
Tags:

Durante esta recepción, a conselleira de Deporte, Pilar Rojo, subscribiu case totalmente as palabras que non hai moitos días lles dedicaba o presidente da Xunta, Manuel Fraga, ao equipo olímpico galego ao seu regreso de Atenas. Rojo asegurou estar "orgullosa pola magnífica representación" que leva Galiza aos Xogos Paralímpicos. Ao igual que o xefe do goberno galego a conselleira asegurou que "as medallas non son o máis importante senón o feito de competir limpa e honestamente".

Do mesmo xeito, Pilar Rojo asegurou que a forza destes deportistas pode "servir de exemplo para a mocidade galega" que pode ver no deporte unha traxectoria vital. "O goberno galego está a traballar por un deporte galego con denominación de orixe", apuntou a conselleira, "do mesmo xeito que está comprometido (referíndose ao goberno galego) co aopio aos clubes e aos deportistas".

Ao evento non acudiron nin Pablo Cimadevila nin Almudena de la Osa, pero si estiveron os técnicos Xosé Carlos Alonso e Rubén Río, ademais do presidente da Federación Galega de Minusválidos Físicos, Oswaldo Dávila.


0/5 (0 votos)