Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSTA DENDE A AXENCIA ESPACIAL

ADN á lúa por se escacha o planeta?

No suposto dunha catástrofe nuclear ou da colisión dun asteroide xigante, a biodiversidade do planeta tería oportunidade de sobrevivir se existe un banco de ADN con rexistro de cada unha das especies de prantas e animais, incluído o ser humano. En declaracións á BBC, o xefe científico da Axencia Espacial Europea propuxo crear este alamacén na, ao xeito de "Arca de Noé", na Lúa. Para finais de ano chegará a primeira misión robótica europea ao satélite, primeiro paso para creación dunha colonia.

- 10:43 08/09/2004
Tags:


0/5 (0 votos)