Revive unha tradición no leste de Alemaña. En 1989, os cidadáns da RDA demostraron a súa insatisfacción co Estado e esixiron reformas profundas. Estas protestas foron unha das razóns polas que caeu o muro de Berlín e se disolveu a Alemaña oriental. Como entón, acompañado de gran interese dos medios de comunicación, cada semana reunindo a máis participantes e contaxiando a case todas as cidades do leste, volven as manifestacións dos luns. E rexurde inesquecible a consigna "Nós somos o pobo", que quedou como símbolo do levantamento dos cidadáns. Unha análise de Miriam Bader.
Hoxendía, 15 anos despois, se manifestan outra vez, non xa como alemáns orientais senón coma alemáns do leste, para expresar a súa insatisfacción co goberno, non da RDA, senón da RFA. Se trata outra vez dunha protesta dos cidadáns, que non está liderada por partidos ou sindicatos. Pero non reclaman reformas profundas, coma entón, senón a interrupción inmediata da política de reformas do Estado de benestar impulsada polo goberno Schröder. Agora a ameaza non provén dunha autoridade pública percibida como omnipotente. A desgracia, que leva aos cidadáns á rúa se denomina "Hartz IV". ¿En que consiste? É unha reforma, que entrará en vigor en xaneiro de 2005, e pola que despois de 12 meses os desempregados non recibirán máis prestación que a "asistencia social". Ata agora se podía contar con prestacións por desemprego de forma ilimitada, anque previa solicitude que debía formularse anualmente. Moitos equiparan esta reforma con decadencia, pauperización e a declaración en quebra do Estado del benestar.
Cabe admitir que a comparación das manifestacións de hoxe coas de 1989 non convenza en absoluto. Aínda sendo no mesmo día da semana e revelando a insatisfacción dos cidadáns, as protestas das últimas semanas non teñen moito en común coas que levaron á rúa a tantos habitantes da RDA. Naquela época, se desenvolveron en condicións moi distintas, baixo un Estado totalitario e non democrático e os manifestantes se arriscaban a sufrir serias represalias. As de hoxe son contra reformas decididas democraticamente polo goberno da RFA. Ninguén o pode discutir. Non obstante, amosan a existencia dun gran desgusto, que se acumulou nos habitantes do leste de Alemaña e reflicten o estado de ánimo existente nos novos "länder".
O goberno alemán actúa inseguro fronte a unha participación tan numerosa nas manifestacións realizadas no leste contra "Hartz IV". Culpan desa mobilización á mala imaxe que as reformas sociais proxectaron, agravada polas tensións entre os partidos, que si ben todos votaron a favor da súa materialización, agora se reprochan a súa dureza e consecuencias antisociais, en especial cos máis débiles, os desempregados. E o goberno está sorprendido de que principalmente no leste de Alemaña, o anhelo de moderación no Estado de benestar provoque rexeitamento, frustración e medo ao futuro de forma tan xeneralizada.
Pero mirando a taxa de desemprego, que nos novos "länder" alcanza en promedio máis do 18% fronte ao 10% nos "antigos", se pode entender que as reformas sociais, principalmente "Hartz IV", afecten moito máis aos cidadáns do leste que aos do oeste. O desemprego en masa no leste é un fenómeno recente vinculado á unificación do país.
A reunión dos dous estados foi unha meta anhelada por tódolos alemáns. Nos novos "länder", os cidadáns tiñan a esperanza, unha vez adquirida a súa liberdade e cos dereitos democráticos garantidos, de conseguir en pouco tempo o mesmo nivel de vida existente no oeste.
Esas esperanzas foron alimentadas polo goberno do entón chanceler Helmut Kohl, quen prometeu, que en pouco tempo, os habitantes da ex RDA poderían vivir coma os de Alemaña occidental. Que esta promesa nunca podería cumprirse, uns o comprobaron cos despedimentos en masa, outros co peche completo da industria do leste.
Quen perdera o seu posto de traballo, pasaba a integrarse nos chamados plans de emprego, desenvolvendo labores de interese público, ou en cursos de perfeccionamento. Pero soamente algúns dos desempregados volveron a encontrar un traballo con contrato por un prazo ilimitado e adecuado á súa formación. Moitos terminaron como parados de larga duración con pouca perspectiva de conseguir un novo emprego. Son eles os máis afectados polas reformas. Entre os parados dos novos "länder" representan máis do 40%.
Anque menos productivo, na RDA existía pleno emprego; o paro, pois, é unha experiencia nova para os cidadáns do leste. Para moitos deles, hoxe a imaxe máis poderosa da reunificación non se plasma na conquista idílica da liberdade, senón na perda da seguridade social e laboral. A crise económica dos anos pasados e o estancamento do crecemento permitiron que o abismo social entre o leste e o oeste se mantivera e que poucas "paisaxes florecentes" das prometidas polo ex chanceler Kohl en 1990, poidan percibirse.
O indicador máis evidente non é soamente o paro, dúas veces máis elevado no leste que nos antigos "länder", senón a fuxida da xeración moza ao oeste. Hai pobos no leste que semellan desertos ou soamente habitados por persoas maiores. Pero son xustamente os mozos, os activos e creativos, os que se necesitan para o desenvolvemento da economía local. A súa ausencia ten consecuencias fatais.
Nestas condicións, as reformas sociais, a moitos cidadáns no leste, lles parecen un reforzamento da decadencia social e se senten enganados polo goberno de Berlín.
Por iso, as manifestacións contra "Hartz IV" das últimas semanas constitúen unha válvula de escape para ese estado de ánimo en que se atopan moitos cidadáns dende hai anos e que se concreta no medo constante a quedar marxinado e excluído do benestar.
Así pois, cómo o goberno non vai a ter dificultades para facer comprensible a necesidade das reformas?. É evidente que a modificación do mercado de traballo é urxente, pero resulta amargo e doloroso que Hartz IV se refira soamente aos máis débiles. En xaneiro de 2005 esta reforma entrará en vigor, ao tempo que a reducción do tipo fiscal do 45% ao 42% para os ingresos máis elevados. Non é unha coincidencia oportuna: os máis ricos se quedan con máis, os máis débiles con menos.
E outra cousa é evidente: Hartz IV parte da suposición de que aos desempregados en moitos casos lles falta o estímulo de buscar traballo e que necesitan unha presión máis forte para conseguir maior vontade dos desempregados. Pero a verdade é que nos novos "länder" non existen suficientes postos de traballo. Como conseguir máis emprego fora dos plans públicos ou das solucións de corto prazo e pouco impacto? Ninguén sabe contestar a esta pregunta en todas as discusións sobre "Hartz IV" que se desenvolveron nas semanas pasadas.
Así, o recorte máis grave no Estado de benestar alemán non ven acompañado dunha compoñente positiva, que deixe entrever unha saída ao desemprego e que transmita comprensión e esperanza aos parados, principalmente nos novos "länder". Polo tanto, é previsible que o anuncio de reformas, de non modificarse o seu contido, siga levando á rúa aos cidadáns os próximos luns.
Anque a comparación das protestas de hoxe coas de 1989 non coinciden polas súas diferentes condicións, unha cousa demostra moi claramente: a reunión dos dous estados nunha república unida aínda non se materializou de todo. E mentres siga realizándose desta forma, nos acompañará unha profunda insatisfacción e un ambiente subliminal que hoxe emerxe con toda nitidez: antes todo era mellor, din moitos na RDA. Non é difícil comprendelo. Pero alguén creu de verdade que isto ía ser fácil?