Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A MINISTRA DE AGRICULTURA REXEITARA AUMENTAR A COTA LÁCTEA ESTATAL

O BNG acusa a Espinosa de non defender os intereses de Galiza

O deputado de BNG Emilio López Pérez acusou a ministra de Agricultura, a ourensá Elena Espinosa, de non defender os intereses de Galiza. Emilio López dixo que renunciar a unha ampliación da cota do leite é unha forma de "esquecer totalmente" a realidade galega, cando a cota seguirá aumentando a nivel europeo

- 17:51 16/08/2004
Tags:

Emilio López cre necesario incrementar a produción láctea en Galiza "entre 200.000 e 300.000 toneladas". A semana pasada, o secretario xeral de Agricultura do goberno Zapatero anunciou un novo programa de cesamento das explotacións, para aumentar a cota da reserva nacional sen ampliar as demandas a Bruxelas. O deputado nacionalista defendeu de novo a proposta de crear un grupo lácteo galego e reclamou que non se responda ás débedas históricas só con palabras.


0/5 (0 votos)