Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
AO IGUAL QUE HAI CATRO ANOS, EN SIDNEY

As dúas Coreas desfilarán xuntas

O Comité Olímpico Internacional confirmou que os comités olímpicos nacionais de Corea do Sur e de Corea do Norte desfilarán xuntos durante a cerimonia de apertura dos Xogos da XXVIII Olimpíada, o 13 de agosto. Un atleta norcoreano e unha atleta surcoreana encabezarán o grupo duns 300 deportistas.

- 09:17 30/07/2004
Tags:

As conversas entre os líderes dos réximes nor e surcoreano e o presidente do COI Jacques Rogge, sucédense dende febreiro. Xa en Sidney se producira esta mesma demostración de amizade entre as dúas nacións, separadas dende 1948. Jacques Rogge afirmou que "o desfile conxunto será un dos momentos fortes da cerimonia de apertura", e que "demostra a capacidade do deporte para unir e promover a paz".

O acordo foi asinado polo presidente de honra do Comité Olímpico Coreano, Park Ian Cheon, e Ion San Nam, o vicepresidente da sección atlética de Corea do Norte. Conforme o texto, as dúas repúblicas marcharán xuntas na cerimonia de inauguración e de clausura, detrás dunha bandeira co mapa trazado da península coreana sobre un ceo azul.

Corea do Sur envía a Atenas 400 persoas (das que 264 son deportistas), mentres que a Corea do Norte manda 70 persoas, das que 50 son deportistas. Será a quinta vez que os coreanos marchan baixo a mesma bandeira nas competicións deportivas, logo de Sidney, os Xogos Asiáticos de Busán (2002), os Xogos Asiáticos de Inverno de Aomori (2002) e a Universiada de Daegu (20039


0/5 (0 votos)