As 14.30 horas do sábado día 13, un día antes das eleccións xerais, Acebes ofrecía unha rolda de prensa insistindo en que ETA era a "prioridade" e que non existía ningunha pista que remitise a Al Quaeda. Un dato máis que desvela agora a Comisión de Investigación é que nese momento a Policía xa levaba máis de dúas horas traballando centrados na hipótese islamista. O comisario xefe da UCIE, Mariano Rayón, dixo ademais ante a comisión que o dato determinante para eles fora o feito de saber que as tarxetas dos teléfonos móviles foran vendidas nun locutorio de Lavapiés rexentado por tres persoas de orixe árabe.