Sun Microsystems presentou onte o Sun Ray, un pequeno computador de rede que non necesita software (porque xa está na rede) e custa uns 500 dólares. Non ten sistema operativo, está baseado nunha pequena CPU Sparc e permite acceder a aplicacións de Solaris e de NT a través dun servidor Sun Ray. Podería ser moi vantaxoso para as empresas xa que non terían que mercar un computador completo en cada lugar de traballo. Pero, malia que algúns din que podería rematar co imperio dos PCs e do entorno Windows, outros rexeitan esta posibilidade pola excesiva dependencia da rede e a necesidade de que esta teña unha alta capacidade.
.