"Terra da fraternidade/Grândola, vila morena/Em cada rosto igualdade/O povo é quem mais ordena". A liberdade e a paz abrollaron en Portugal hai trinta anos cando ao compás da música do Zeca Afonso, os militares botaban abaixo a longa ditadura que afogaba o país.
Hai trinta anos que os portugueses venceron a ditadura. Sen sangue nas rúas, con adorno de flores nas armas dos soldados que confirmaban a vontade do pobo de ser libre, e con banda sonora do Zeca Afonso. Caía o último imperio colonial do mundo occidental. "Portugal deulle unha lección á humanidade", contáballe a Vieiros unha muller que participaba no Porto nos actos do vintecinco aniversario da revolución. Coa conmemoración dos trinta anos, chama a atención as pouca proxección pública. Un esquecemento que vai parello á propia debilidade da vontade de participación política dos cidadáns.