Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
CRITICAN O SOLDO ESAXERADO DO RESPONSABLE DE PRENSA

Sada: a oposición critica o desbalde de Rodríguez Ares

Contámoslles no seu día da significativa suba de soldos que Ramón Rodríguez Ares estableceu para o seu propio cargo de alcalde e os seus concelleiros logo de recuperar o poder local. Agora, o BNG vén de criticar o pago mensual de 2.100 euros ao responsábel do gabinete de prensa do concello, retribución que consideran "desproporcionada, inxustificada e irregular" e acusan a Ares de querer "publicitar a xestión de goberno agochando a súa incapacidade". Ao tempo, Elena Ramallo, de URG, denunciou que o expediente de expulsión que o PP lle abriu ao Moncho logo da moción de censura se está amosando un simple "paripé".

- 10:09 30/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)