Unha nai adolescente nos arrabaldos da capital de Nicaragua, sen casa logo do paso do furacán Mitch; un cativo camboxano, maltratado polos pais e comprado no 'mercado pedófilo' por un ex-soldado estadounidende; un orfo de Costa Marfil sen máis recursos para sobrevivir có que poida roubar… Exemplos da lista das posibles dez persoas máis pobres do mundo, coa que o Canal Solidario responde á publicación anual dos maiores multimillonarios mundiais realizada pola revista Forbes. Pretenden "poñerlle rostro á pobreza" ensinando a realidade do día a día que nunca aparecerá nas grandes portadas.