Para os galegos na capital, e fillos de galegos, que estean esquecendo o idioma, O Centro Galego e a Escola de Idiomas ofrecen a oportunidade de estudiar o galego mediante cursos de diferente duración e horarios...
O Centro Galego organiza periodicamente cursos de galego nas súas instalacións (C/ Carretas, 14 3ª planta). Tamén é posible estudiar tanto o galego coma o portugués na Escola Oficial de Idiomas. Esta ofrece a posibilidade de facer os cursos por libre ou asistindo ás súas clases. Tamén fai probas de nivel para situar aos novos alumnos no curso correspondente. Polo tanto, xa non temos moitas escusas para esquecer a nosa lingua.