Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASINADO POLAS BRIGADAS ABU HAFS AL MASRI

Comunicado íntegro reivindicando o atentado

Traducción da carta enviada ao xornal londinense en árabe ‘al Quds al-Arabi’, recollida pola axencia Reuters.

- 08:56 12/03/2004
Tags:

"No nome de Deus, Clemente e Misericordioso, cando te castigan, tes que castigar do mesmo xeito a quen te castigou.

Mátaos aló onde os atopes; expúlsaos coma eles te expulsaron, a sedición é máis grave que o asasinato. Aos que cometen agresións contra ti, debes facerlles o mesmo.

As Brigadas de Abu Hafs al Masri prometeron no seu último comunicado referente ás explosións de Kerbala e Bagdad do 2 de marzo de 2004 que se preparaban para próximas operacións e cumprimos a nosa promesa: o escuadrón da morte conseguiu penetrar na profundidade da cruzada europea batendo nun dos piares dos cruzados e seus aliados: España, cun golpe doroso. É parte dun vello axuste de contas co cruzado España aliado de norteamérica na guerra contra o islam.

Onde está América, Aznar? Que te protexerá de nós, e a Gran bretaña, e a Italia, e a Xapón e a outros axentes? Cando golpeamos as tropas italianas en Nasiria xa lle enviamos aos axentes de América un aviso: retirádevos da alianza contra o islam. Pero non entendéstedes a mensaxe. Agora poñemos os puntos riba dos is. E agardamos que entendades a mensaxe.

Nós, as brigadas de Abu Hafs al Masri non estamos tristes pola morte de civís. É lexítimo que eles maten os nosos nenos, mulleres, vellos e mozos en Afganistán, Iraq, Palestina e Caxemira, mentres que é pecado que nós os matemos a eles? Deus todopoderoso di que "a quen te agrede debes agredelo".

Sacádenos a man de riba, liberade os nosos presos e saíde das nosas terras e deixarémosvos en paz. Os pobos dos aliados dos EEUU deben forzar os seus gobernos a rematar esa alianza na guerra contra o terrorismo, que significa guerra contra o islam. Se cesades a vosa guerra nos remataremos a nosa. Dicímosvos: o escuadrón do ‘fume da morte’ alcanzarávos axiña nun sitio onde poderedes ver mortos milleiros, se deus quere, e isto é unha advertencia.

Dicímoslles aos musulmáns de todo o mundo que o golpe dos ‘ventos da morte negra’ xa está na súa fase final, nun noventa por cento, se deus quere, no seu momento apropiado. Noutra operación, os escuadróns dos Soldados de Xerusalén golpearon os xudeus e os masóns en Estambul e tres masóns importantes morreron naquela operación, e de non ser por un erro técnico, terían morto todos os masóns.
Dicímoslle ao escuadrón Bilal ibn Rabah que aceptamos a oferta e logo da chegada do delegado comezará a acción. E dicímoslle ao escuadrón Abu Ali al Harfi.

Que o liderado de Al Qaeda decidiu considerar a Iemen o terceiro pantanal e darlle unha lección ao seu goberno apóstata que ven xusto despois de Pervez Musharraf. Por iso todas as células deben estar alerta e a acción comezará en 4515. E dicimos que os que matan a ulemas musulmáns sunís en Iraq que ergan as mans ou do contrario… Aviso ás nacións: non vos acheguedes ás instalacións civís ou militares dos cruzados americanos ou seus aliados.

Deus é grande, deus é grande. Xa chega o islam.
Brigadas de Abu Hafs al Masri Al Qaida
Xoves 20 muharram 1425, (11 de marzo do 2004)"


0/5 (0 votos)