A atleta ferrolá, do club Ría Ferrol, pasou na madrugada de onte, 5 de Marzo, á final do campionato mundial dos 1500 metros lisos. Rocío Rodríguez correu a semifinal coas mellores atletas da especialidad e coa firme esperanza de rebaixar a súa marca e coller experiencia.
A carreira prometía ser rápida e non defraudou a ninguén. As mellores correron polos postos, e Rocío quedou quinta cun tempo de 4.13.63. A segunda semifinal foi maís lenta e deu o pase á final deste mundial a Rocío Rodríguez. O rexistro é record español na categoría promesa e record galego absoluto. Con só 21 anos esta atleta está na elite agardando que a sorpresa se confirme cunha mellora neste tempo acadado en Maebashi, Xapón. Esta madrugada, ás seis hora galega vaise correr a final coa presencia doutras oito atletas de primeiro nivel. Soñar está ó alcance de todos.
Pola súa banda, o outro corredor galego, Andrés Díaz, vai correr esta madrugada as eliminatorias dos 1500 metros lisos. O especialista galego é un dos grandes favoritos para esta proba logo de bater os records galego, español e europeo dos 1500 metros. A actuación galega comezou de forma exitosa e pode rematar con sorpesas agradables.