Sada: a volta de Moncho con polémica urbanística Estamos todos agás Santamaría, o home está un chisco enfermo. A volta á alcaldía de Rodríguez Ares coincidiu coa decisión favorable da Xustiza para a reanudación das polémicas obras na explanada do porto de Sada, paralizadas polo goberno anterior. Ao respecto, o ex alcalde Abel López Soto advertiu que a actuación de Ares neste tema probará se goberna para os sadenses ou para os constructores. Non estaba nesa primeira reunión do equipo de goberno o tránsfuga socialista José Luis Santamaría, para quen Ares aínda non fixou responsabilidade de goberno e que onte mesmo presentaba recurso nos xulgados contra a petición do Sergas de dez meses de inhabilitación pola súa presunta fraude con recetas.
.