Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sada: Moncho recupera o poder

“Non á corrupción, non ao transfuguismo”. Con fondo de cartaces con lemas que denunciaban a manobra que tumba o actual pacto de goberno e apupos aos protagonistas, a vila coruñesa de Sada mudou de alcalde este mediodía. Paradoxalmente tocoulle ao concelleiro tránsfuga do PSOE, José Luis Santamaría, na súa calidade de presidente da mesa de idade, pasarlle a vara de mando a Ramón Rodríguez Ares. Malia as advertencias da dirección ‘popular’ non houbo fendas de última hora no grupo local do PP e os concelleiros votaron xunto con Santamaría a volta da alcaldía a Rodríguez Ares. Polo momento non hai comunicación oficial de expulsión dende o Partido Popular, malia que o secretario xeral, Xesús Palmou, e o presidente da Xunta, aseguraron que de confirmarse a operación, Ares e os outros sete concelleiros do PP serían excluídos do partido. Dende o BNG, o alcalde saínte anunciou a impugnación do pleno por non térselles permitido intervir.

- 12:47 19/01/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: