Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As nacións sen estado contra a represión

A creación dunha comisión internacional contra a represión dos dereitos cidadáns é o principal obxectivo da xuntanza que ten lugar hoxe e mañá en Nantes, Bretaña, no seo da CONSEU, Conferencia de Nacións sen Estado e organizada polo CIEMEN, Centro Internacional Escarré para as Minorías Étnicas e as Nacións. Esta reunión é unha consecuencia dos acordos adoptados tralo último congreso da CONSEU celebrado os pasados 26 e 27 de setembro en Cagliari, Sardeña, no que se debateu o papel das nacións sen estado no proxecto de Constitución europea. O grupo de traballo está integrado por 20 persoas procedentes de Cataluña, Euscadi, Galiza, Irlanda, Illa de Man, Córsega, Sardeña, Flandres e Canarias. Pilar García Negro participará na xuntanza en representación da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

- 12:20 08/01/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: