Foi o 2003 un bo ano para Apple, que tivo no i-Tunes o seu máis significativo éxito: mentres a industria discográfica se perdía en batallas legais, a empresa amosaba que se podía facer negocio coa música na rede. Pero a relixión da mazá está de aniversario especial este 2004: o Mac cumpre vinte anos. Estou orgulloso do que acadamos, pero tamén me decepciona que os computadores persoais non progresaran máis dende entón. Seguen sendo frustrantes e difíciles de usar. Son palabras para Wired dun dos pais do trebello. Este martes comezou a MacWorld, expo anual que acostuma a achegar novidades do universo da mazá: entre outros desta volta especúlase cun híbrido de TV e computador.
.