A prensa USA especula esta semana coa posibilidade de que a administración Bush, fronte á crecente competencia espacial chinesa, estea cavilando un golpe de efecto deseñando unha nova misión tripulada á lúa. O plan sería anunciado oficialmente o próximo 17 de decembro, data na que se conmemora o centenario dende o primeiro voo dos irmáns Wright e xusto un par de días antes do 30 aniversario da última misión que viaxou ao satélite. Se cadra xa oíron comentar algunha vez dos argumentos científicos dos escépticos que negan a chegada do home á lúa. Na rede poden atopar abundante información sobre a polémica.
.