Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

48 vacas tolas en Galiza no que vai de ano

Segundo os datos oficiais e ata a fin de outubro, máis dun tercio dos casos de encefalopatía esponxiforme bovina detectados en todo o Estado correspóndenlle a granxas galegas. O director do Laboratorio Nacional de Referencia de EEB asegura que a tendencia seguirá sendo crecente algún tempo, pero que isto é garantía do cumprimento da normativa.

- 13:40 21/11/2003
Tags:

Sobre o asunto, o PSOE vén de criticar que da recente presentación da partida para o agro nos orzamentos xerais do Estado non se aumente a dotación para a retirada de materiais de risco. Por outra banda, o colectivo de labregos UPA lembrou que non se puxo aínda en marcha o sistema de etiquetado de carne de vacún que a UE estableceu hai dous anos.

Esta fin de semana van tres anos do diagnóstico da primeira vaca enferma nunha granxa de Carballedo. Ao tempo, contámoslles que o consello da Xunta deste xoves impúxolle unha sanción de 35.000 euros a unha empresa fabricante de pensos, da que non se fixo público o nome, “por unha infracción sanitaria moi grave”.

  • As vacas aínda tolean, pero controladas

  • EEB: primeira persoa morta en Italia


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: