Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A eurovisión das minorizadas marcha a Laponia

Por primeira vez un conxunto galego participou no Liet Ynternasjonaal, o festival da canción europeo onde só concursan as linguas minorizadas. O conxunto de pandeireteiras Anubía quedou quinto, con 44 votos, interpretando "Ai", un tema avance do que será o seu novo disco. Os triunfadores da noite no ateigado teatro De Harmonie, na cidade frisona de Ljouwert, foron un estraño conxunto que chegaba das terras do norte: cunha mistura de percusión tradicional e música electrónica os Transjoik levaron o Liet para o País dos Sami (ou sexa, Laponia). Segundos quedaron os mozos galeses de Epitaff, e detrás deles córnicos, occitanos, galegos, frisóns, cataláns, irlandeses, sorbios e friulanos.

A participación de Anubía, a primeira dun conxunto galego.
• A web do festival.
Que é o Liet Ynternasjonaal?
• O éxito de Verónica Codesal en Eurovisión.

- 13:40 21/11/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: