A 8ª edición do Festival de Cine de Ourense da inicio este fin de semana e incluirá máis de 200 sesións ata a clausura do día 15 de Novembro. As proxeccións terán lugar no Teatro Principal e en tres cines da cidade.
Despois de pasar unhas ultimas semanas movidas en referencia ás polémicas contas da edición do ano pasado chega a inauguración da oitava edición do certame de cine da cidade de Ourense.
Do 8 ao 15 de novembro proxectaranse máis de 60 filmes distribuidos en distintas seccións.
As seccións a competición serán as de longametraxes, curtametraxes e documentais. No apartado de homenaxes haberá dedicación especial a Nieves Conde e a Montxo Armendáriz.
Este ano o país homenaxeado será o Cuba e serán proxectadas varias películas procedentes do país caribeño.
Outras seccións non competitivas serán as de "Inédito en Ourense", "Cine en feminino" e "Cinema galego".
A inauguración oficial terá lugar co filme "La suerte dormida" de Angeles González Sinde, no Teatro Principal ás 21,30 horas.
As entradas para cada unha das sesións terán un coste de 3 euros e haberá un bono de 10 sesións por 24 euros. A oficina do Festival está situada nos xardíns do Padre Feijoo.
Máis información na páxina oficial do Festival de Cine de Ourense