As empresas cos mellores contratos, nun total de máis de sete mil millóns de dólares, para proxectos vencellados coa reconstrucción de Iraq, caracterízanse polas súas conexións co eido político e militar e as súas boas doazóns á campaña electoral de George W. Bush. O aviso vén de facelo o Centro para a Integridada Pública, organismo independente que malia non lanzar unha acusación directa de corrupción critica un sistema basado na fraude, desbalde e amiguismo, logo de presentar un informe sobre o proceso. Contámoslles ademais que este venres remata o prazo que o Senado USA lle deu á CIA para sacar á luz os documentos secretos cos que se xustificou o ataque a Iraq.
.