No Día Mundial da Alimentación lembrámoslles que 840 millóns de persoas no mundo sufren unha fame crónica. A FAO vén de denunciar a falta de vontade política dos estados para resolver este vergoñento problema. Na capital galega hai convocadas para hoxe varias actividades. Acción contra a Fame preparou unha carreira polas rúas Nova, do Vilar e a Praza da Quintana na que participan 300 escolares, nun acto solidario a prol dun mundo máis xusto. O Movemento Animalista Libertario organiza ás portas de Area Central unha degustacion de comida vegana, ás 14.00 horas. Ás sete da tarde, hai unha concentración anti McDonald´s no Toural "contra a deforestación, a explotación e a comida lixo".
.