O profesor británico John M. Ball, presidente da Unión Matemática Internacional (UMI), atópase de visita científica na Universidade de Santiago para preparar a Conferencia Internacional de Matemáticas (ICM), que terá lugar en Madrid en 2006, e a Asemblea Xeral da UMI, que organizará por delegación a Facultade compostelá de Matemáticas no mesmo ano. Nestes dous eventos participan os matemáticos de máis prestixio no ámbito internacional e neles debátense os grandes temas relacionados coa investigación e a docencia das Matemáticas. O 22 de setembro, comeza tamén o Encontro de Sociedades Latinoamericanas de Matemáticas. Máis información en Vieiros Universitaria.
.