A ACB séguelle buscando os tres pés ao gato na polémica polo acceso do clube compostelán á máxima categoría, decidido polos tribunais. Abonar a cota de entrada e ter un resultado positivo na auditoría serían os requisitos para acceder finalmente a que o Obradoiro forme parte da liga de básquet a próxima tempada, pero segundo a ACB e pechado o prazo ningunha das condicións é superada polos galegos. Ao respecto do canón, os responsables do Obradoiro consideran que só deben pagar a taxa que rexía no ano 1991, cando se lles impediu ascender. Poden ampliar en Vieiros Santiago.
.