As mozas de Ialma, entre elas a eurovisiva Verónica Codesal; a potente mestura en directo de Zuco 103; o cantante e compositor brasileiro Lenine; a heteroxenea proposta de Dios ke te Crew, colectivo de hip-hop nado en Ordes; a inetiquetable Psicofónica, Ademais, exposicións varias (Nunca Máis: a voz da cidadanía, Alexandre Bóveda: centenario, ), presentación de libros, actuación de Carlos Blanco e tres mesas de debate: Drogas: cara unha alternativa ao proibicionismo, Catástrofe do Prestige e a vixéncia do nacionalismo e Desorde mundial e auxe do militarismo. Todo isto só no primeiro día, pero serán dous os días de xolda gratuíta do Festigal, 24 e 25 de xullo, organizados coa colaboración de Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre. Convidámolos a darse unha volta e visitar a galería de ideas, artesanal, das letras, do audiovisual,
.