Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Os corsos votan ‘non’ á reforma do estatuto

Os corsos rexeitaron a proposta do goberno francés de reforma do estatuto da illa por unha diferencia de 2.000 votos. A participación foi do 60 por cento, unha das máis altas rexistradas nunha consulta semellante. O goberno de París pretendía unha nova organización territorial de Córsega de forma que os dous departamentos que existen na actualidade, un no norte e outro no sur da illa, formasen un só con sede en Ajacciu. Precisamente, foi en Bastia, a “capital do norte” onde a porcentaxe de votos negativos foi maior. Aínda que o resultado foi un duro golpe para o goberno francés (Chirac dixo que “o non sería o caos”) e para as formacións nacionalistas, que vían no referendo un primeiro paso cara á autonomía, a consulta non é vinculante.

- 08:45 07/07/2003
Tags:

.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: