Manuel Cristóbal presenta este luns O soño dunha noite de San Xoán, novo proxecto de Dygra, durante a xornada de apertura da xuntanza Mundos Dixitais. Juan Buhler, colaborador de proxectos coma Shrek ou Hormigaz e Carlos Grangel, quen participou na realización de filmes coma Spirit e O príncipe de Exipto son os outros dous conferenciantes no inicio da segunda edición dun evento que deica o próximo venres traerá a Galicia a algúns dos mellores especialistas en animación. Contámoslles no Canal Fwwwrando de Vieiros.
.