Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Referendo en Córsega pola reforma do estatuto

O domingo de 6 de xullo, os 191.000 electores de Córsega están chamados ás urnas para votar en referendo o proxecto de modificación da organización institucional da illa. O novo estatuto, cuarto nos últimos vintecinco anos, preséntase como unha aposta do goberno francés para acabar coa violencia e fomentar a descentralización do estado. París propón unha reforma que unifique as diferentes institucións representativas actuais nunha soa colectividade territorial, a Asemblea de Córsega, con sede en Ajaccio. Con todo, a administración continuará en mans do estado e separada en dous consellos territoriais, norte e sur, aínda que unificados na capital. Dos 11 grupos políticos de Córcega, 7 fan campaña polo “si”. Os nacionalistas de Corsica Nazione apoian o voto afirmativo, pero con reservas, o mesmo que as organizacións gobernamentais e o Partido Socialista. Os partidos máis centralistas como o Pôle Républicain e o Partido Comunista pediron o “non”.

- 10:56 04/07/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: