O 56,74 por cento dos fogares galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes e case o 10 por cento, arredor de 90.000, viven cuns ingresos inferiores aos 382 euros mensuais, en condicións de pobreza. Curiosamente, é nas provincias máis desenvolvidas, Pontevedra e A Coruña, onde existe unha porcentaxe maior de fogares que din chegar con moitos atrancos económicos aos últimos días do mes. Mentres que en Pontevedra o porcentaxe destas familias é do 18,64 por cento, en Ourense é so do 3,85 por cento. Son algúns dos datos da enquisa de condicións de vida publicada polo Instituto Galego de Estatística.
.