Carlos Príncipe reuniuse onte cos directivos da Asociación de Viciños, Val do Fragoso. Nesta xuntanza, o candidato socialista, falou do tema do tráfico, un dos temas máis conflictivos da cidade. O tráfico para el, pasa por unha solución consensuada sobre a movilidade urbana.
O Tráfico, un dos temas máis polémicos e que máis dor de cabeza da ós cidadáns desta urbe, foi un dos puntos abordados polo candidato socialista e os directivos da Asociación Val do Fragoso. Príncipe, dixo que para solucionar o tema ten que existir un amplo acordo dos cidadáns. Este acordo debe contemplar, a peatonalización, a potenciación e mellora do transporte público, a suspensión dos aparcadoiros en superficie, a reorganización da carga e descarga e tamén da ORA. O candidato do PSOE acusou ó goberno de Pérez, de ter fracasado no tema do tráfico por ter potenciado o transporte privado sobre o público e, tamén por non escoitar ós cidadáns, desde os usuarios ata ós transportistas. No caso de acceder á alcaldía, comprometeuse a revisar o plano de tráfico, engadida a dirección única de Fragoso tema, este último, que puxo como exemplo das decisións que non contan co suficiente grado de consenso social e que ademáis aínda non ten amosadas unhas avantaxes reais sobre a práctica.