Unha delegación de labregos europeos, entre os que se atopan unha representación do Sindicato Labrego Galego, participan o venres nunha concentración diante da se central de Nestle en Vevey, Suíza, para denunciar o papel das multinacionais no control da agricultura e da alimentación.
Esta concentración inclúese dentro das protestas que se celebran en Suíza durante esta fin de semana para rexeitar a liberalización da agricultura a nivel global, que se está a negociar na Organización Mundial do Comercio
(OMC).
O SLG considera que a liberalización supón un grave risco para a subsistencia de millóns de labregos en todo o mundo, ademais de ameazar á seguridade alimentaria e á calidade da alimentación, pola introducción dos transxénicos e o uso masivo de pesticidas, herbicidas, hormonas e antibióticos para maximizar a producción.
Outro dos eixos da protesta ten como obxectivo denunciar a política privatizadora de servicios públicos esenciais como a sanidade, a educación, a cultura, a auga ou a enerxía, que subxace tras o Acordo Xeral sobre o Comercio e os Servicios.