O equipo de futbol-sala de división de honra, O Parrulo de Ferrol, ten casi confirmada a incorporación do brasileiro Guillerme Da Silva "Cazuza" para o que resta de temporada. Tan so falta saber cando colle o avión para Galicia.
Cazuza é un xogador de 23 anos, ala-pivot e moi espectacular. Na temporada pasada quedou campión paulista e carioca co conxunto do Tío Sam. O mesmo plantel foi subcampión da Copa do Brasil. Neste ano incorporouse ó Vasco da Gama para a temporada 99, pero a chamada do Parrulo fai que deixe o seu país. O xogador foi internacional sub-23, e catro veces coa selección absoluta. Cazuza será o sustituto do posto que deixa libre outro brasileiro,Tadeu, despedido hai un mes.