Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Nestlé, espremendo o ermo etíope

No ano 1975, o goberno etíope nacionalizou a empresa Elidco, daquela propiedade da suíza Schweisfurth á que logo mercaría Nestlé. Agora, Nestlé anunciou que seguirá adiante na reclamación xudicial a Etiopía de 6 millóns de dólares en compensación. Malia todo, logo da presión social ao coñecerse o pleito, e o asolagamento do seu servidor por milleiros de correos electrónicos de indignación, vén de coñecerse a decisión da multinacional de reinvestir os cartos en proxectos de axuda humanitaria se gaña o pleito. Intermon Oxfam, asociación que fixo público o asunto, repróchalle que non se retire do caso.

- 12:38 17/01/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: