Hoxe luns publicou o diario mexicano La Jornada o comunicado do subcomandante Marcos no que acepta o reto de facer un debate co xuíz Baltasar Garzón sobre a situación política no País Vasco. O líder zapatista afirmou que quitará o seu pasamontañas se o maxistrado o convence e que, do contrario, pediralle que apoie a causa indíxena. Garzón retouno hai uns días a un debate, argumentando que o subcomandante lle dá apoio ao terrorismo. Ante tal acusación, o subcomandante insurxente respondeu dicindo que el é partidario da paz pero que o Goberno español está impedindo que esta sexa posible. Nesta misiva Marcos fixa o debate entre os días 3 e 10 de abril do 2003 nas Illas Canarias e afirma que lle pedirá a ETA unha tregua unilateral de 177 días, que deberá comezar o 24 de decembro de 2002.
.