A negra semana que están a vivir as accións da empresa galega de moda "Adolfo Domínguez" levan ao seu dono a plantexarse novas saídas para reducir costes e mellorar uns beneficios que se resisten nos últimos meses. Por iso xurde a posibilidade de levar parte da producción fora de España.
O empresario ourensán Adolfo Domínguez manifestou en Madrid que estaba moi decepcionado cos resultados económicos da súa empresa de moda nos últimos meses.
Afirmou asimesmo que o alto coste da producción en España debido en grande medida á man de obra, que segundo el é moi costosa, lévalle a plantexarse un traslado de parte da producción a países onde os salarios son inferiores.
Esta semana foi especialmente negativa para os intereses desta empresa galega, xa que os seus valores na bolsa de Madrid descenderon até un límite moi perigoso, casi até o seu mínimo histórico.
Os países do norte de Africa así como de Asia serían os hipotéticos lugares aonde se trasladarían algunhas das factorías de Adolfo Domínguez.