Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Igrexa, contra a actuación de Sidnead O'Connor

A polémica cantante irlandesa estará en Santiago, pero, iso si, coa oposición do Arzobispado. Para quitarlle ferro ao asunto, saíu Pérez Varela dicindo que "en conxunto" a Igrexa está conforme coa programción do Xacobeo elaborada pola Xunta.

- 22:34 01/03/1999
Tags:

"A Igrexa ten dereito a defender o lado espiritual do Ano Santo, pero en conxunto está conforme co traballo da Xunta nos actos do Xacobeo", manifestou o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, en relación co malestar xurdido no Arzobispado compostelano pola actuación de Sidnead O'Connor, a cantante irlandesa que rompeu publicamente unha foto do papa Xoán Paulo II, dentro dos actos do Xacobeo.

Pérez Varela argumentou onte que a Xunta destina máis de 1.200 millóns de pesetas a actividades puramente espirituais dentro do Xacobeo, ademais dos 2.300 millóns da restauración do patrimonio. E lembrou ademais que o financiamento dos grandes espectáculos musicais corre a cargo de empresas privadas patrocinadoras.

Respecto da actuación de Sidnead O'Connor, sinalou que "eu non programei as actividades, pero é unha cuestión de gustos. A min non me gusta Azúcar Moreno e á miña filla encántalle".

Mentres, o responsable da política informativa do Arzobispado, José Isorna, recoñeceu onte o rexeitamento da Igrexa á actuación da artista irlandesa, "que pode ferir a sensibilidade das persoas que conciben o Xacobeo dende o punto de vista espiritual". Para Isorna, esta actuación pode supor "alimentar valores que nada teñen que ver co espírito xubilar" e sinalou que á hora de realizar a progración "débese calibrar non só o valor artístico dos cantantes senón tamén o punto de vista ético".

A Arquiconfraría do Apóstolo Santiago ten unha web que fai contraste coa do Xacobeo. Visións diferentes do mesmo feito...


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: