CCOO, UGT e CIG veñen de convocar unha manifestación nacional para o domingo 1 de decembro na Coruña en protesta pola catástrofe do 'Prestige'. Os sindicatos son os promotores desta mobilización á que pretenden que se sumen partidos políticos, confrarías, armadores e colectivos de diverso tipo. Tanto a data coma o lugar aínda non están definitivamente pechados e os preparativos e as conversas continuarán nos vindeiros días para superar a descoordinación. Para exemplo, un botón: o BNG convocou outra manifestación o sábado 30 en Santiago.
.