O grande ausente do desastre do 'Prestige' é o presidente da Xunta, Manuel Fraga, que desapareceu da escena pública e dos telexornais coma se o conto non fose con el. Un xefe do Executivo que inaugura tanatorios e mesmo algunha carnicería delega as súas funcións nun asunto de máxima importancia. Pero o mellor é saber onde estivo hoxe ás 10 da mañá: inaugurando as V Jornadas da Asociación Española de Operadores de Productos Petrolíferos, no Hostal dos Reis Católicos. Iso si, xa anunciou que o xoves pasará pola Costa da Morte... Contámosllo máis polo miúdo no especial Negra sombra do Prestige de Vieiros.
.