O caso do inmigrante senegalés Mamadou Kane, que orixinou a condena de catro policías locais de Vigo, figura no informe anual de Amnistía Internacional, segundo informaron onte os responsables da organización na cidade.
Os catro policías locais foron condenados recentemente pola Audiencia de Pontevedra a penas de tres e catro anos de cadea e entre oito e dez de inhabilitación, por deter ilegalmente a un inmigrante. Dous dos axentes tamén foron condenados a penas de arresto por lesións. O vendedor ambulante acusou aos policías de malos tratos tras a súa detención na Praia de Samil. A sentencia declara probado que foi introducido nun veículo e trasladado a un monte nas proximidades, onde foi insultado e maltratado polos policías locais.