Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Impacto ambiental negativo do porto exterior

O porto exterior alterará o ecosistema en Punta Langosteira e no seu entorno, ademáis de empeora-las condicións da auga e do aire, debido á emisión de pó á atmósfera.

- 19:24 01/03/1999
Tags:

Esta información recóllese no anteproxecto de porto exterior redactado pola Autoridade Portuaria, e fai referencia a cada unha das fases do proxecto (construcción, existencia e fase de explotación). O Concello de Arteixo tamén presentará suxerencias ó anteproxecto. Os técnicos avaliaron o clima, os ventos, os ríos que surcan a bisbarra, os sustratos predominantes, as formacións de vexetación, as comunidades de fauna, e incluso os caladeiros de pesca próximos á Punta Langosteira. Consideran os técnicos que a apertura dunha canteira entre Punta Langosteira e a praia de Alba producirá efectos acústicos nas aldeas máis próximas polas voladuras e perforacións, que tamén se verán incrementados co transporte de material e o tráfico de maquinaria. Produciranse impactos sobre os ecosistemas terrestres, sobre a vexetación e a fauna. Ademáis, afectará ó planeamento do Concello de Arteixo e á península de Punta Langosteira, espacio incluido no Inventario de Espacios Naturais da provincia da Coruña. Alterarase o ecosistema mariño duns caladeiros nos que se pode pescar polbo, nécoras, ourizos, percebes e salmonetes. Por último, a calidade do aire verase afectada polas emisións de polbo á atmósfera durante a fase de manipulación de graneis.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: