Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Acordo co Igape para prácticas en empresas

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) colaborará coas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña na concesión de bolsas a estudiantes destas institucións académicas que desexen realizar prácticas laborais en empresas.

- 11:03 10/10/2002
Tags:

O Igape financiará o 50 por cento do custo destas bolsas, por un importe total de 149.583,6 euros. Así mesmo, destinará outros 45.000 euros á realización, na Universidade compostelá, de actividades de difusión da cultura emprendedora e de definición de iniciativas empresariais, enmarcadas no proxecto Empresa Xove.

As prácticas laborais realizaranse en empresas que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma e que teñan subscrito con este fin un convenio coa universidade correspondente. En ámbolos dous casos, as institucións académicas serán as encargadas de planificar, organizar e supervisar as actividades previstas, así como de seleccionar os bolseiros.

O convenio que subscribirá o Igape coa USC recolle tamén a colaboración para a realización de iniciativas de difusión da cultura emprendedora e de definición de iniciativas empresariais. En concreto, o Igape destinará 45.000 euros á realización dun conxunto de actividades dedicadas a fomentar a aparición de vocacións empresariais, no marco do programa de emprendedores do Igape 'Empresa Xove', desenvolvidas contando cos recursos humanos e programas de Bic Galicia. Ademais, a achega do Igape destinarase tamén ao financiamento de concursos de ideas e proxectos empresariais. A USC encargarase da dirección e coordinación destas iniciativas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: