Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Cómo ver a televisión portuguesa

As antenas arraiás galegas son as únicas que, a día de hoxe, poden recibir libremente as canles portuguesas de televisión. O sinal que o permite é o emitido polos repetidores das rexións do Miño e Tras-os-Montes. Outra opción consiste en contratar os servicios de R, que inclúen a RTP internacional no seu paquete básico.

- 12:12 16/09/2002
Tags:

Ademais desas posibilidades, hai casos de persoas que conseguiron recibir as emisións das canles portuguesas por outros medios. A través do foro da Assembleia da Língua (AL) soubemos do caso dun vigués que conseguiu recibir o paquete da TV Cabo portuguesa abrindo unha conta corrente nun banco portugués e co enderezo dun amigo que reside en Valença do Minho.

Nas cidades galegas podemos ver a RTP internacional contratando o paquete de R. A compañía de telecomunicacións inclúe esta canle tanto no servicio en aberto coma no servicio básico de televisión.

Outra modalidade para recibir o TV Cabo é factible mediante a empresa portuguesa O Rei das Parabólicas. É preciso ter unha antena que conecte con Via Digital, servicio que provén do satélite Hispasat, o mesmo que transmite a TV Cabo. A empresa portuguesa encargaríase de enviarnos o decodificador para recibir estas prestacións.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: